sexta-feira, maio 13, 2005

Antón Avilés de Taramancos


Hoxe preciso construí
érgome cedo coma Ulises
e roubo tódalas naves do mundo.
(O meu país vaise polos camiños do soño,
pero soñar, irmán, é unha cousa terrible).

Os vellos canteiros do meu ser
domean os penedos docemente
e vanlle dando forma
á miña dor atávica de home.
Eu soñei esta terra desde sempre
cando o cervo nun era mais que a imaxe
multicolor nas covas do meu sono.
Atravesei desertos de xeada
no principlo do tempo, terra miña!
e teño o corazón coma un pelouro
brunido por amarte en tantas vidas.
Só ti es permanente!

Hoxe preciso
falar cóbado a cóbado contigo
meu irmán, pois a palabra
afia esta emoción que pon no vento
un ar ou agarimo tan antigo
que fai canta

1 Opiniões:

Blogger MonteMaior opinou...

A imagem é linda. E o poema também.

domingo mai. 15, 11:08:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Caminho de volta